Xa podes apuntarte ao Medio Maratón Entre Rías

Sanxenxo
11 de decembro 2024

A proba celebrarase o 18 de maio de 2025 e contará con tres modalidades de participación. O evento está organizado polos Concellos de Sanxenxo e O Grove

I Medio Maratón Entre Rías Concello de Sanxenxo

A segunda edición da Media Maratón Entre Rías, que se celebrará o vindeiro 18 de maio de 2025, abriu xa o seu período de inscricións co obxectivo de superar o milleiro de participantes que reuniu no seu debut.

A proba, que conta coa homologación oficial da Real Federación Española de Atletismo, repartirá máis de 2.500 euros en premios.

O evento deportivo, organizado conxuntamente polos Concellos de Sanxenxo e O Grove baixo a dirección técnica de Nokao, ofrece tres modalidades de participación: a media maratón, unha proba de 10 quilómetros e unha innovadora opción de remudas por parellas.

Ademais, a organización programou para o día anterior, 17 de maio, carreiras gratuítas para escolares de 0 a 13 anos.

Na súa primeira edición, a proba logrou atraer a corredores de diversos puntos da península, incluíndo Valencia, Asturias, Bilbao e Madrid, así como participantes portugueses, que quedaron cautivados polo singular trazado costeiro entre as rías de Pontevedra e Arousa.

Os interesados en participar poden beneficiarse de prezos reducidos ata o 10 de xaneiro realizando a súa inscrición a través da web oficial www.entreriasmediamaraton.com.

A organización aspira a converter esta cita nunha auténtica festa do running nun dos contornos naturais máis espectaculares de Galicia.