Volta ás orixes do Froiz apostando por unha estrutura de ciclocrós

Pontevedra
30 de setembro 2021

O conxunto alimenticio recupera a súa estrutura de ciclocrós con seis ciclistas que competirán no calendario autonómico e tamén en carreiras da Copa de España

Ana Portela, directora do equipo de ciclocrós do Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz embárcase nun novo proxecto deportivo co que volve ás súas orixes no ciclocrós.

O equipo alimenticio conformou unha nova estrutura para competir nesta modalidade deportiva, baixo a dirección de Ana Portela.

Seis ciclistas, tres en categoría feminina e tres na masculina, conformarán o novo equipo do Froiz, ao que representarán no calendario autonómico de ciclocrós e tamén en carreiras da Copa de España.

Os seus integrantes serán Laura Mira, campioa galega e de España e segunda do ranking nacional; Uxía Soto, tamén medallista autonómica e nacional; e Rosalía Ortiz no conxunto feminino e Fabián Rodríguez, Miguel Rodríguez (campión nacional e da Copa de España 19-20) e Gonzalo Inguanzo (campión da Copa de España) no masculino.

O debut do equipo producirase leste mesma fin de semana co inicio da Copa Galicia de Ciclocrós en Pontevedra e Poio.