Aarón González suma unha boa dose de confianza para os retos que lle esperan no tramo final de ano tras protagonizar unha notable actuación en Barcelona.
O boxeador marinense foi un dos participantes na velada das Arenas, celebrada na capital catalá con preto de 1.500 persoas nas bancadas e un combate principal que enfrontaba a Sandor Martín co arxentino Mauro Godoy.
En canto ao representante do Team Thunder, tomou parte no combate principal amateur da noite ante o barcelonés Alonso Gutiérrez, ao que xa vencera en xuño en Marín aínda que de maneira axustada.
Nesta ocasión Aarón González foi a por o combate desde o inicio e superou ao seu rival cunha variedade de golpeos que fixo roldar o K.O..
Un impulso extra de motivación para iniciar o próximo 1 de decembro na Coruña unha nova etapa participando na competición impulsada por LaLiga4 Sports e que terá a súa primeira parada na cidade herculina. Esta liga de boxeo olímpico, na que o marinense representará ao equipo 'Los guerreros del Bronx', contará con 8 franquías que competirán entre elas a ida e volta en varias xornadas.