Vitoria no desconto para o Arosa e derrota clara para o Villalonga

O Salnés
04 de novembro 2024
Actualizado: 7:03

O Arosa logrou este domingo un triunfo 'in extremis' despois de remontar fronte ao Barbadás. O Villalonga, pola súa banda, caeu en San Pedro por 1-3 fronte á UD Ourense

Partido entre Barbadás e Arosa Arosa SC

No encontro entre Arosa e Barbadás foi o equipo de Vos Carrís o que tomou a dianteira no marcador cun gol no minuto 22 de xogo cun cabezazo de Yago Rodríguez á saída dun córner.

O cadro arlequinado púxose ao choio en busca do gol do empate e, no minuto 38, Iñaki devolveu a igualdade cun potente disparo desde o bordo da área tras un saque de banda mal defendido polo Barbadás.

Xa na segunda metade, as ocasións sucedéronse para ambos os conxuntos e calquera puido facerse co triunfo, pero foi o xuvenil Pedro Bouzada, que entrara apenas un minuto antes, o que anotou o gol definitivo que deu o triunfo ao Arosa no desconto.

O Villalonga, en cambio, non tivo o día en San Pedro e estrelouse fronte á Unión Deportiva Ourense, que se adiantou no minuto 13 por medio de Manu Vázquez tras rematar no segundo pau un centro que chegou desde a banda esquerda.

Antón Guisande tivo o 0-2 nun man a man con Rodri Igrexas, pero non foi até a segunda metade cando logrou facer o segundo gol da tardea portaría buxán despois de regatear ao porteiro.

Marcos Branco, no 61, reduciu diferenzas para o Villalonga cun golazo de falta, pero Andrés Cellerino, de novo rematando un centro no segundo pau, cabeceou á rede para facer o 1-3 final.

Consulta neste enlace a acta do Arousa-Barbadás e neste o do Villalonga-UD Ourense