A falta dunha semana para o comezo da liga Feminina 2, o Club Baloncesto Arxil segue probando sensacións na fase previa da Copa Galicia.
Este sábado tocoulle medirse no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao AD Cortega, no que supuxo o segundo partido de pretemporada despois da derrota contra o Celta Zorka.
As pupilas de Mayte Méndez dominaron desde o minuto uno tanto en ataque como en defensa, logrando un parcial de 13-0 que lles permitiu afastarse do rival e chegar ao final do primeiro cuarto cunha vantaxe inicial de 22-6.
No segundo cuarto o Arxil empezou a sufrir en defensa, pero contaban co colchón de puntos necesarios para que as de Vilagarcía non puidesen remontar, chegando ao descanso con 48-28.
Despois do paso polo vestiario seguiu a mesma tónica anterior. As de Pontevedra non só seguiron dominando, senón que lograron aumentar a súa vantaxe en ata 25 puntos, alcanzando o final do partido cun resultado de 62-38.
As máximas anotadoras do Arxil foron María Lago con 11 puntos, Cristina Díaz con 10, seguidas de Noelia e Natalia con 9 cada unha.
A próxima cita do equipo dirixido por Mayte Méndez será en casa fronte ao Baxi Ferrol no que será o primeiro partido de liga.