Visita incómoda a Málaga para o Arxil

Pontevedra
17 de marzo 2023

Unha vitoria en Málaga sería un paso case definitivo para xogar o play-off xa que o seu rival ten que descansar un partido; derrota a condición de que non sexa por máis de 24 puntos e así as verdes seguirían dependendo de si mesmas a falta de tres partidos; ou unha derrota por máis de 24 puntos dependerían de que o Unicaja fallase nalgún dos seus seguintes enfrontamentos

Partido entre CB Arxil e Unicaja no CTGD Cristina Saiz

Golpeado pola derrota da semana pasada en casa ante o Miralvalle, que lle fixo perder ese cuarto posto e unha diferenza de dúas vitorias o Club Baloncesto Arxil afronta este sábado unha incómoda visita a Málaga (19:00 horas), onde se medirá a un Unicaja co que se xogará a súa presenza no play-off de ascenso.

"É un equipo alegre no xogo e agresivo en defensa. Será un partido difícil", indicou Cantero dun rival que chega á cita coa mesma presión que as pontevedresas ante un premio tan importante. "É un equipo moi agresivo na súa pista, xoga ao límite en defensa, ten un bo xogo interior e descaro en ataque" con xogadoras destacadas como Filor con 203 puntos, Salomé con 188, Moreno con 137, Ruiz con 154, Stojiljkovic con 100 e Vietas 213.

Para o Arxil este encontro terá tres opcións. Unha vitoria en Málaga sería un paso case definitivo para xogar o play-off xa que o seu rival ten que descansar un partido; derrota a condición de que non sexa por máis de 24 puntos e así as verdes seguirían dependendo de si mesmas a falta de tres partidos; ou unha derrota por máis de 24 puntos dependerían de que o Unicaja fallase nalgún dos seus seguintes enfrontamentos.

As finais que lle restan ao conxunto de Mayte Méndez son a deste sábado a domicilio contra o Unicaja (17:30 horas), en casa ante o Tirso Incentro o 25 de marzo (19:30 horas), na Coruña ante Maristas o 1 de abril (18:00) e en casa #ante Bosonit Unibasket o 8 de abril (19:00 horas).