O Atlético Villalonga araña un punto ante o Oviedo

Sanxenxo
10 de novembro 2024
Actualizado: 16:08

Amanda Chaves anotou o gol do empate no minuto 85

Once do Atlético Villalonga FF ante o Real Oviedo

O Atlético Villalonga tivo este fin de semana en San Pedro unha cita cando menos complicada fronte ao segundo clasificado do grupo, o Real Oviedo.

Pero, malia a dificultade do choque, as pupilas de Edu González acadaron un novo empate (e xa van cinco este curso), para manterse na zona media da clasificación.

O conxunto asturiano adiantouse na primeira chegada a área local por medio da súa dianteira Vera Rico aos 10 minutos do partido, pasando a dominar e xerar perigo en área dun Atlético Villalonga que achicaba como boamente podía.

De feito é que a tónica do partido foi de asedio do Real Oviedo, que desaproveitou oportunidades claras que na recta final acabou pagando.

E foi precisamente no minuto 85 cando a reacción do conxunto de Sanxenxo chegou cun centro de Noa que rematou de cabeza Amanda Chaves para pór o 1-1 final que deixa en San Pedro un valioso punto.

Consulta a acta neste enlace