Era non só o primeiro partido da tempada, senón o primeiro gol do curso para o Pontevedra Club de Fútbol. Pois ben, ese tanto de Álvaro Bustos ante o Coruxo en Pasarón, na vitoria por 2-0 dos granates, foi elixido como o mellor do curso entre os conseguidos polos equipos galegos da Segunda División B.
Saíu elixido nunha enquisa realizada polo programa En Xogo, da segunda canle da Televisión de Galicia, a través das súas redes sociais.
Bustos tardou só 7 minutos aquel día en realizar unha bonita xogada recibindo o balón pegado en banda xunto á zona de bancos para encarar con verticalidad á zaga do Coruxo, deixar un par de adversarios atrás e terminar batendo ao seu porteiro.
Xa temos melllor gol da Segunda B.
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 24, 2020
O de @AlvaroBustos10, do @PontevedraCFSAD Pontevedra.
Únese ao de @BraisAbelenda, da @SD_Compostela, elixido a pasada semana como o mellor da Terceira.
Para elixir o do fútbol profesional agardaremos ata que finalice a liga. pic.twitter.com/IfkWACt6jT
O gol do asturiano levou o 39,4% dos votos emitidos, aínda que non era o seu único tanto entre os candidatos, xa que do Pontevedra eran tres das catro propostas finalistas.
O segundo nas votacións foi Yeboah (26,4%), futbolista do filial do Celta de Vigo. Ademais optaban ao recoñecemento un tanto de Álex Fernández de falta directa ante o Sporting B no tempo de desconto e que valeu unha remontada (14,8% de apoios), e outro gol dos propio Bustos (19,4%), o que pechou a goleada conseguida ante o Real Madrid Castilla en Pasarón cun disparo afastado desde a zona central do terreo de xogo.
Estes son os candidatos ao mellor gol galego da Segunda B
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 24, 2020
Hai tres goles do @PontevedraCFSAD, o primeiro de @alexfdezb e os dous últimos de @AlvaroBustos10. O segundo da enquisa leva a sinatura de @realyawyeboah, do filial do @RCCelta
Podedes votar ata as 20:00 pic.twitter.com/umnDmpJjTU