O confinamento sen deporte faise un pouco máis duro para os afeccionados, pero no Peixe Galego non perden de vista o importante.
Cun bonito vídeo desde o club marinense, pendente aínda do seu futuro na Liga LEB Ouro de baloncesto, quixo mandar unha mensaxe de ánimo aos seus seguidores superado o primeiro mes de confinamento tras o que "seguimos xogando un partido crucial", sinalan a través das súas redes sociais.
Ao final "todos xogando o partido máis importante e só xuntos imos gañar", lembra o Peixe Galego.
No vídeo rememóranse bos e malos momentos do equipo, e sobre todo a comuñón coa bancada da Raña que fixo tan especiais os últimos anos do club.