A tempada deportiva non fixo máis que empezar para o Marín Peixegalego e no club seguen a buscar fórmulas para ampliar a súa familia.
A entidade marinense elaborou un vídeo promocional no que involucra a mariñeiros, comerciantes, hostaleiros e afeccionados ao deporte da canastra pasando por diferentes puntos da vila.
"Así somos. Non deixamos de mover o balón. Únete á marea azul!", reza a mensaxe final do vídeo co que pretenden promocionar a tempada de todos os seus equipos.
O traballo audiovisual foi elaborado por Rafa Sabugueiro (www.fotorobel.com).
Trala súa derrota no partido inicial da LEB Prata, o primeiro plantel do Peixe volve á competición este sábado en Ávila (20:00 horas) ante El Bulevar.