VÍDEO.- Así foi a homenaxe a Javi Gómez Noya, con mensaxes de Alistair Brownlee, Pau Gasol ou Carolina Marín

Pontevedra
27 de setembro 2023

Javier Gómez Noya, cinco veces campión do Mundo en distancia olímpica, recibiu un caloroso homenaxe da súa cidade durante a celebración da Gran Final das Series Mundiais. Agora, días despois, a Federación Española distribuíu un vídeo de como foi o acto que contou con palabras de grandes mitos do deporte galego, nacional e internacional

Mensaxe de deportistas galegos, nacionais e internacionais a Javier Gómez Noya pola súa homenaxe durante as Series Mundiais de Tríatlon Federación Española de Triatlón

Parte da culpa de que Pontevedra foi escenario da Gran Final das Series Mundiais tena Javier Gómez Noya, coa súa longa e exitosa traxectoria na que conseguiu cinco títulos mundiais en distancia olímpica preparándose desde a Boa Vila.

Por ese motivo, xa retirado da modalidade olímpica, era obrigado unha homenaxe ao que é o mellor triatleta da historia por palmarés.

Gómez Noya, tras a espectacular carreira masculina da Gran Final, recibiu un obsequio conmemorativo, un cadro cos seus seis tritraxes máis especiais, o da medalla de Prata nos Xogos Olimpicos de Londres e os dos cinco mundiais que ostenta no seu palmarés.

Todo iso rodeado da súa familia, amigos, representantes de Federación Española e World Triathlon e institucións. Tamén coa súa filla de menos dun ano de idade en brazos, e que recibiu un traxe de tríatlon da Selección Española.

No acto proxectouse ademais un vídeo con palabras de grandes mitos do deporte galego, nacional e internacional. Rivais e amigos do tríatlon como Iván Raña, Mario Mola, Alistair Brownlee, Gwen Jorgensen ou Ryan Sissons, pero tamén doutras disciplinas como Pau Gasol, Carolina Marín ou Teresa Portela.