VÍDEO.- As 'vikingas' do Umia CF teñen unha mensaxe para ti

Umia
11 de abril 2020

Dar ánimo a través de vídeos para soportar estas xornadas de confinamento, converteuse en algo recorrente para os equipos deportivos. Por iso, as xogadoras do Umia CF quixeron sumarse a esta idea para mandar a súa mensaxe de apoio para estes momentos tan complicados

Captura de pantalla do vídeo do Umia CF Umia CF

Dar ánimo a través de vídeos para soportar estas xornadas de confinamento, converteuse en algo recorrente para os equipos deportivos.

As últimas en sumarse a esta iniciativa foron as xogadoras do Umia que, xunto a membros do corpo técnico, quixeron enviar unha mensaxe de "apoio, ánimo e ilusión" para que todas as persoas continúen quedándose nas súas casas cumprindo o confinamento porque "todo isto acabará tarde ou cedo e pronto volveremos reencontrarnos".

Baixo o ritmo da canción 'Resistiré', as integrantes do primeiro equipo aceptan o reto de Moisés Campos e anímanse a ensinar as súas habilidades co papel hixiénico desde as súas casas, terrazas e xardíns e demostrar que " xuntas podemos" e "todo irá ben".

Pola súa banda, non quixeron ser menos as xogadoras dos equipos da base e, seguindo os pasos das Vikingas máis veteranas, súmanse a dar toques desde as súas casas e lembran a importancia de cumprir coas indicacións sanitarias para regresar canto antes á normalidade e volver gozar do fútbol todas xuntas.

Vídeo do Sénior  B coa canción 'Erosión' de Club del Río

Vídeo do Infantil co Himno do Umia CF

E por último, as "vikinguiñas" do equipo das Promesas co tema colaborativo "Quédate en tu casa"