Víctor Senra e David Vázquez revalidan título no Rallye de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade
02 de xuño 2024

Víctor Senra e David Vázquez, nesta ocasión aos mandos de un Skoda Fabia Rally2, foron os vencedores do Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes

Víctor Senra e David Vázquez, gañadores do Rallye de Pontevedra Federación Galega de Automobilismo

Víctor Senra e David Vázquez, nesta ocasión aos mandos de un Skoda Fabia Rally2, foron os vencedores do Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Senra e Vázquez foron dominadores dende o primeiro treito cronometrado do venres (56:38.457), nunha proba marcada polas altas temperaturas na comarca e na que se fixeron ademáis, co Supercampionato R5 Pirelli Recalvi con máis de 45 segundos de vantaxe.

Ao finalizar a proba, o piloto recoñeceu irse "contento" despois de facer "un rallye impecable desde o principio. Todo saíu á perfección", admitiu.

Os segundos clasificados foron Alberto Otero e Jordán Vázquez, no Citroën C3 WRC, mentres que o terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Dani Berdomás e Brais Mirón, no Peugeot 208 T16 R5.

Jorge Pérez e Miriam Vera foron cuartos, mentres que unha picadura nun pneumático nos treitos da mañá condicionou a un dos equipos favoritos ao triunfo na xeral, o formado por Alberto Meira e Avelino Martínez, que foron quintos.

Na Top Ten Pirelli Driver B, Adrián Campaña e Manuel Raido fixéronse co primeiro posto do podio, Abel Pampillón e José Lage, o segundo, e José Lamela e Unai Conde, o terceiro.

Raúl Martínez e Bruno Pérez firmaron o triunfo na Top Ten C con Guillermo Martínez e Nacho Sayans segundos e Álvaro Castro e Isidro Rey terceiros.

No Clio Trophy Galicia, certame que comezou esta fin de semana, Álvaro Castro e Isidro Rey lograron o triunfo, mentres que Marcos Sanromán e Daniel Rodríguez firmaron o segundo posto tras unha gran loita con Iván e Diego Vázquez que se resolveu no derradeiro treito.

Sergio Otero e Noel Claro obtiveron o triunfo na Pirelli AMF, seguidos de Jacobo Segado e Noel Claro e Francisco Pazos e Adriana Álvarez, mentres que na estrea da Sandero Eco Cup Galicia,o primeiro posto foi para Santi Pais e Sergio Cancela. Segundos foron Yago Martínez e Eloy Lorenzo, co Dacia da Deputación de Pontevedra, e Adrián Blach e Iván Carmona.

Durante a celebración da primera sección do sábado, Bruno Lago e o seu copiloto Francisco Accion sufriron unha forte saída de pista e tiveron que ser evacuados o hospital.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes será no mes de xuño co Rallye Comarca do Carballiño.