Uxía Soto e Aroa Otero afianzan ao Froiz no liderado do ranking júnior e cadete da Copa Galicia de BTT

Poio
25 de abril 2022

O equipo masculino participou esta fin de semana nas clásicas de Pascua de Padrón e na de Valladolid, nas que Manuel Rodríguez e Alejandro  Gómiz foron os ciclistas máis destacados

O equipo masculino de estrada do Supermercados Froiz participou nas clásicas de Padrón e Valladolid G. D. Supermercados Froiz

As prometedoras ciclistas do Grupo Deportivo Supermercados Froiz Uxía Soto e  Aroa Otero conseguiron esta fin de semana un novo triunfo na proba da Copa Galicia de BTT disputada na Cañiza. Co seu triunfo, a escuadra alimenticia afiánzase aínda máis no máis alto da clasificación xeral nas categorías júnior e cadete.

Menos sorte tivo o equipo masculino de estrada, que esta pasada fin de semana participaron tanto na Clásica de Pascua de Padrón como na Clásica de Valladolid. En territorio galego, o Froiz fixo competir aos seus ciclistas máis novos, que estiveron sempre á fronte do pelotón. Nos quilómetros finais, Miguel Rodríguez e Manuel Rodríguez lograron coarse no grupo de cabeza aínda que finalmente non puideron disputar o triunfo e tiveron que conformarse cun décimo terceiro e quinto posto, respectivamente. A vitoria levoulla Antonio Fagundez, do Cortizo, que chegou cuns segundos de vantaxe á meta.

Mentres que en Valladolid, o máis destacado do equipo alimenticio foi Alejandro Gómiz, que conseguiu un meritorio décimo terceiro posto ao sprint tras un gran traballo de todo o equipo, que tamén estivo á fronte do pelotón durante a maior parte da carreira.