Unha nadadora e unha adestradora do Galaico Sincro, convidadas ao Campus Ranking 30 Alevín da RFEN

Pontevedra
05 de novembro 2019

A nadadora Daniela Suárez atópase entre as 10 mellores de España nacidas no 2008, ao que hai que engadir que a adestradora Diana Fernández foi elixida como membro do equipo técnico da concentración nacional da categoría

Campionato galego de inverno de natación artística en Ponte Muíños Diego Torrado

A Real Federación Española de Natación (RFEN) volveuse a acordar do Galaico Sincro.

Unha das súas nadadoras e unha adestradora do club pontevedrés foron convidadas a participar no Campus Ranking 30 de categoría alevín, que reunirá ás deportistas desta idade mellor situadas na clasificación de figuras da pasada tempada e as seguintes 10 mellores nadas no ano 2008.

No caso do Galaico Sincro, a deportista seleccionada dentro do top-30 nacional foi Daniela Suárez como unha das 10 mellores nadadoras nada en 2008, ao que hai que engadir que a adestradora pontevedresa Diana Fernández foi elixida pola federación como membro do equipo técnico do campus.

Os adestramentos terá lugar do 28 ao 30 de decembro na localidade madrileña de Buitrago de Lozoya.

Ademais das representantes do Galaico, a natación artística galega contará con tres representantes máis: Ronsel Ojea e Iria Fernández do Sincro Ourense e Blanca Fidalgo do RCN Vigo.