Unha caída no tramo ciclista deixa a Pablo Dapena sen podio no Challenge Peguera

Pontevedra
19 de outubro 2019

Mallorca acolleu este sábado a sexta edición do tríatlon internacional de media distancia Challenge Peguera. Nela competiu o pontevedrés Pablo Dapena que finalizou en cuarto lugar tras una caída fortuita cando iba en cabeza de carreira da proba ciclista

Pablo Dapena competindo no Challenge Madrid BMCVifittri

Mallorca acolleu este sábado a sexta edición do tríatlon internacional de media distancia Challege Peguera. A competición, marcada polo gran nivel existente na categoría profesional, contou coa participación de 1200 triatletas entre os que se atopaba o pontevedrés Pablo Dapena que buscaba revalidar o título.

A proba comezou ás 9 da mañá cos 1.900 metros de natación onde o primeiro en saír da auga foi o alemán Jan Stratmann, seguido de Dapena a 3 segundos e polo británico Kieran Lindars e o italiano Mauro Pera a 12.

No segmento ciclista, o pontevedrés púxose na cabeza de carreira, pero unha caída fortuíta e co cambio estragado, provocou que durante os 64 quilómetros de carreira adiantáseno ata sete competidores, entre eles o belga Pieter Heëmeryck que se colocou lider en solitario con 3 minutos de vantaxe sobre o grupo que o seguía. Dapena atravesou o quilómetro 60 en octavo lugar e a 6 minutos do primeiro.

Ao paso pola T2, Heëmeryck seguía líder con 4 minutos de vantaxe sobre o suízo Robert Kallin e con 10 sobre o pontevedrés que chegaba no noveno posto.

No quilómetro 10 de carreira, o belga continuaba na cabeza ampliando a vantaxe a 6 minutos sobre o sueco Ruedi Wild e o austriaco Thomas Steger mentres, Pablo Dapena subía ao quinto posto pasando a 9:30.

No paso polo punto de control 16, Heëmeryck aumentaba a diferenza pasando a 6:30 de vantaxe sobre Wild e Steger mentres que Dapena xa era cuarto.

Finalmente, o pontevedrés acabou en cuarto posto e os tamén españois Víctor do Corral e Joan Nadal chegaron sexto e noveno respectivamente.