Unha caída deixa a Gómez Noya sen opcións nas Series Mundiais de Leeds

Pontevedra
06 de xuño 2021

O pentacampeón do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, sufriu unha caída este domingo no campionato das Series Mundiais na cidade británica Leeds e viuse obrigado a retirarse despois de facer un xiro na primeira volta da carreira en bicicleta, golpeouse cun cono que delimita o trazado e acabou caendo, mancándose en costas e brazos

Gómez Noya no Campionato de España de Media Distancia de Bilbao BilbaoTriathlon

O pentacampeón do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, sufriu unha caída este domingo no campionato das Series Mundiais na cidade británica Leeds e viuse obrigado a retirarse.

Era o regreso a unha competición desta magnitude para o galego afincado en Pontevedra, ademais da proba de lume que serviría de preparación para os Xogos Olímpicos de Tokyo. Con todo, segundo fontes da Federación Española do Tríatlon, Noya tivo que retirarse despois de facer un xiro na primeira volta da carreira en bicicleta, golpeouse cun cono que delimita o trazado e acabou caendo, sufrindo un golpe en costas e brazos.

Os campións da carreira foron o británico Alex Yee e a holandesa Maya Kingma, logrando os seus primeiros triunfos nunhas Series Mundiais. Yee chegou nun tempo de 1:43.27, superando en 25 segundos ao estadounidense Morgan Pearseon. Terceiro foi o belga Marten van Riel e cuarto o español Fernando Alarza, a 45 segundos do primeiro. Antonio Serrat chegou en oitava posición.

En categoría feminina, Maya Kingma entrou á meta cun tempo de 1:54.26. Seguírona as británicas Jessica Learmonth, a 11 segundos, e Sophie Coldwell, a 20 segundos. A española Miriam Casillas finalizou en posto 24 cun tempo de 2:00.03 e Anna Godoy non terminou a proba.