Un xogador de banda, prioridade para o Pontevedra no caso de fichar

Pontevedra
10 de xaneiro 2019

"La idea es que si viene un jugador que sea un jugador que pueda jugar por fuera", recoñeceu Luismi sobre a posibilidade de cubrir a ficha que deixa libre a lesión de Javi López, aínda que o técnico non descarta "otras opciones". En todo caso "no nos marcamos plazos", asegura

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira Mónica Patxot

O Pontevedra segue sondando as posibilidades que ofrece o mercado invernal de fichaxes para reforzar ao equipo para a segunda e decisiva metade de tempada, especialmente tras a lesión de Javi López que deixa unha ficha sénior dispoñible.

Faino en todo caso sen présa. "No nos marcamos plazos", asegura Luismi, quen confirma que "se está trabajando, viendo futbolistas y opciones pero sin volvernos locos".

No caso de realizar unha fichaxe o preparador granate fixa a prioridade na posición do propio Javi López, xa que "al perder un extremo lo normal es que pudieramos reforzar la posición de extremo", polo que a idea da dirección técnica encabezaba polo conselleiro Roberto Feáns é "que si viene un jugador sea un jugador que pueda jugar por fuera", recoñeceu o adestrador.

De todas formas esa intención non supón "descartar otras opciones", mantén, a condición de que tal e como defendeu nas súas últimas comparecencias públicas sexa para mellorar o xa existente no plantel.

Con todo o mes de xaneiro por diante e o equipo nunha boa posición na táboa, as présas non son as que marcarán os movementos no vestiario de  Pasarón, onde por outra banda non se adiviña ningunha saída, a priori, tendo en conta que "por nuestra parte no queremos que nadie se vaya y por parte de los futbolistas a día de hoy nadie ha pedido salir", defendeu Luismi.