Un venres de alumnos 'percorrendo Pontevedra' á carreira

Pontevedra
22 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Estudantes dos institutos Sánchez Cantón, Valle-Inclán e do CEP Campolongo participaron este venres na segunda edición da Carreira Popular Intercentros, bautizada este ano como 'Percorrendo Pontevedra'

Segunda edición da Carreira Popular Intercentros
Segunda edición da Carreira Popular Intercentros Mónica Patxot

Estudantes dos institutos Sánchez Cantón, Valle-Inclán e do CEP Campolongo participaron este venres na segunda edición da Carreira Popular Intercentros, bautizada este ano como 'Percorrendo Pontevedra'.

Centos de alumnos botáronse á rúa para participar nunha proba organizada do IES Sánchez Cantón en colaboración co Grao Superior de formación profesional Técnico Superior en Ensino e animación Socio Deportiva TSEASD.

A carreira desenvolveuse nun circuíto que ocupou a Avenida Montero Ríos, a Alameda e o Parque das Palmeiras. 

O obxectivo do día era promover a actividade física e o benestar entre os mozos ademais de ofrecer unha xornada lúdica ao aire libre e de convivencia ao estudantado pontevedrés.