Francisco Rodríguez 'Paco' é hoxe un afeccionado máis do Pontevedra Club de Fútbol, un dos que acode cada 15 días ás bancadas de Pasarón a seguir as evolucións do seu equipo, pero detrás desa fachada escóndese o porteiro que máis tempo mantivo imbatida a portaría granate.
Foi na tempada 82-83 e por aquel entón Paco viu como a súa meta se mantiña intacta durante oito encontros, un total de 764 minutos, segundo el mismo relata. Era a tempada anterior ao último ascenso do club de Terceira a Segunda B, tamén con el como gardameta titular.
Case 31 anos despois os granates están na mesma categoría, a Terceira División, e un porteiro, Edu Sousa, achégase a esa espectacular marca. Polo momento Edu suma algo máis de seis partidos sen recibir un gol, o último foi no minuto 50 do Pontevedra-Dorneda o pasado 22 de decembro, en total 580 minutos.
O actual defensor da portaría granate está a dous partidos e catro minutos de igualar este rexistro, poderíao facer ante o Betanzos en Pasarón, sen embargo "no es algo que me preocupe", mantén mentres asegura que "si me dices que el equipo va a ganar todos los fines de semana encajando un gol yo te firmo ahora".
Edu defende que non é "muy amigo de las cámaras" e os recoñecementos, pois neste caso o mérito é principalmente dunha defensa que fixo "que en estos seis partidos a mí casi no me hayan tirado".
Pero as actuacións de Sousa non pasaron desapercibidas para Paco, que no seu día chegou a Pontevedra procedente do Flavia padronés tras pasar, entre outros equipos, por Celta ou Compostela.
Por iso, aínda que recorda que el chegou máis maduro ao equipo granate, velle aguantando ben a presión que supón xogar en Pasarón, porque "un portero tiene que saber sobreponerse a esas cosas y disfrutar de lo que hace, que es jugar" asegura el actual número uno granate.
O record polo tanto espera sucesor coa bendición de Paco, aínda que o ex-gardameta pon un único requisito para permitir que lle arrebaten este particular honra: "yo le dejo que bata el record pero sólo con la condición de que asciendan".
Palabra dun mito do Pontevedra Club de Fútbol.