Un Numancia-Pontevedra tres décadas despois

Pontevedra
10 de setembro 2024

A última vez que os granates visitaron Soria en liga foi na tempada 94-95, hai máis de 29 anos, nun partido de play-off no que o Pontevedra tivo na súa man o ascenso a Segunda División

Estadio Los Pajaritos de Soria CD Numancia

Case tres décadas, 29 anos en concreto, pasaron da última vez que o Pontevedra Club de Fútbol visitou o Club Deportivo Numancia en liga.

Son dous históricos do fútbol español, pero apenas coincidiron dúas tempadas en toda a súa historia, unha en liga regular e a última, na campaña 94-95, no play-off de ascenso a Segunda División.

Foi esa a última visita a Soria dos granates (25 de xuño do 95), aínda no vello estadio dos Pajaritos, nun duelo no que se escaparía entre os dedos o ascenso.

O equipo pontevedrés, adestrado por Antonio Gómez, protagonizara unha gran tempada clasificándose tras anos de ausencia para unha fase de ascenso a Segunda. Sen nada que perder chegaba á última xornada con vida tras derrotar precisamente o Numancia en Pasarón (1-0) na data precedente, pero sen depender de si mesmos.

Écija e Levante superábanlle en puntos. Unha vitoria de calquera deles no seu duelo directo dáballes o primeiro posto, pero empataron a un tanto deixando a porta aberta a un Pontevedra que non o aproveitou. Non tivo o seu día en Soria e con goles de Babarín e Pinky (minutos 8 e 78) perdía por 2-0 cando un triunfo teríalle dado o tan ansiado ascenso, un salto de categoría que tardaría en chegar nove anos máis despois daquel día.

Os predecentes entre ambos os dous equipos complétanse coa liga 91-92, na que compartiron grupo na Segunda División B. Aquel ano gañaría el Pontevedra 1-0 en Pasarón e perdería 4-1 nos Pajaritos concluíndo a competición en novena e décima posición respectivamente.

En definitva, dúas vitorias granates na Boa Vila e dous triunfos numantinos en Soria é o balance dos seus enfrontamentos históricos, pleno de victorias locais. Claro que pasou moito tiepo e agora chegan ambos os dous como dous dos proxectos a seguir na Segunda RFEF. Todo un duelo de aspirantes no que calquera cousa pode pasar.