Un Mundial de Ciclocrós con acento pontevedrés

Pontevedra
01 de febreiro 2024

As júnior Lorena Patiño (XSM Marín) e Aroa Otero (Froiz) xunto ao sub-23 Miguel Rodríguez (Froiz) formarán parte da Selección Española no Campionato do Mundo de Ciclocrós que se disputa a fin de semana na República Checa

Arousa Otero e Miguel Rodríguez, na República Checha para participar no Mundial de Ciclocrós Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O Campionato do Mundo de Ciclocrós que se disputa esta próxima fin de semana na localidade de Tábor, na República Checa, terá unha tripla representación pontevedresa.

A principal cita a seguir será a carreira júnior feminina, cunha Selección Española na que estarán a actuais campioa e subcampioa nacional, é dicir, Lorena Patiño (XSM Marín) e Aroa Otero (Supermercados Froiz).

Esta será unha das primeiras probas en disputarse, posto que a carreira está fixada para as 11.30 horas do sábado 3 de febreiro.

Unha hora despois será quenda da categoría sub-23 masculina, na que participará Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) co obxectivo de mellorar a 24ª posición que asinou en 2022 en Fayetteville (Estados Unidos).

Para Lorena Patiño e Aroa Otero será pola súa banda a súa primeira presenza no evento máis importante do ciclocrós internacional.