Un mal inicio condena o Arxil na súa visita o Maristas (73-67)

Pontevedra
12 de setembro 2021

Segunda derrota para o Club Baloncesto Arxil na fase previa da Copa Galicia. As de Mayte Méndez, que viñan de perder esta mesma semana no derbi co Cortegada, tiveron un mal inicio de partido este domingo contra o Maristas de Coruña e, a pesar de facer un bo último cuarto, non foi suficiente para facerse coa vitoria (73-67)

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD Mónica Patxot

Segunda derrota para o Club Baloncesto Arxil na fase previa da Copa Galicia. As de Mayte Méndez, que viñan de perder esta mesma semana no derbi co Cortegada, tiveron un mal inicio de partido este domingo contra o Maristas de Coruña e, a pesar de facer un bo último cuarto, non foi suficiente para facerse coa vitoria (73-67).

Foi o segundo test de pretemporada para o conxunto pontevedrés, que se mostrou pouco acertado de fronte ao aro e moi dubitativo en canto ao labor defensivo.

O Maristas si que soubo aproveitar os erros arxilistas para facerse cunha importante vantaxe no primeiro cuarto (24-12) e que se ampliou no segundo, chegando ao intermedio cun resultado que poñía costa arriba ás pupilas de Mayte Méndez (46-22).

Despois do paso polos vestiarios, o Arxil corrixiu fallos e mellorou a puntería. Non tanto no terceiro cuarto, que finalizou cun claro 62-40, senón no últimos dez minutos que sen dúbida foron os mellores para as de Pontevedra.

Foi en último cuarto cando se mostraron máis enchufadas, recollendo os rebotes defensivos e encestando practicamente todo o que tiñan. Pero o traballo realizado polo Maristas durante todo o partido foi suficiente para que a vitoria fose local, deixando ao Arxil co mel nos beizos despois de mostrar actitude e ganas de facerse co partido.

A próxima cita para as pontevedresas será o martes 14 de setembro no CGTD recibindo ao Rosalía.