Un gol do Burela sobre a bucina deixa o Poio Pescamar co mel nos beizos (3-2)

Poio
26 de marzo 2022

Un gol sobre a bucina de Ale de Paz deixou ao Poio Pescamar co mel nos beizos no derbi irmandiño ante o Burela. O conxunto conserveiro, que se foi ao descanso dominando cun 2-0 grazas aos goles de Dani Sousa, perdoou na segunda metade e viuse castigado pola arrancada final das locais (3-2)

Partido entre o Poio Pescamar e Burela na Seca Cristina Saiz

Un gol sobre a bucina de Ale de Paz deixou ao Poio Pescamar co mel nos beizos no derbi irmandiño ante o Burela. O conxunto conserveiro, que se foi ao descanso dominando cun 2-0 grazas aos goles de Dani Sousa, perdoou na segunda metade e viuse castigado pola arrancada final das locais (3-2).

Marcou o ritmo de inicio o Poio, cunha boa presión a toda cancha que lle permitía adiantarse aos dous minutos de xogo. Irene García roubou o balón ao seu opoñente e cedeu a Dani Sousa para superar a Sandra Buzón.

Tentou reaccionar o Burela, que se beneficiaba das catro faltas que cometía o cadro visitante demasiado pronto. Con todo, foron as conserveiras as que puxeron máis terra polo medio cando se cumpría o minuto sete de xogo. Ana Rivera sacou un disparo afastado que non conseguiu blocar a gardameta rival e, de socato, Dani Sousa aparecía para anotar o 0-2.

Leti Cortés e Jenny buscaron sorprender a Caridad, moi ben posicionada baixo paus, e Marcondes, na recta final do primeiro acto, tiña nas súas botas a mellor ocasión do partido cun remate ao traveseiro.

Despois da continuación aumentou a presión do cadro laranxa aínda que sen acerto, sendo Marcondes, unha vez máis, a que estrelaba un remate ao pau nun duelo que se lles estaba atragoando.

Contra todo prognóstico pasou a xogo de cinco Manu Cossío coa intención de imprmir maior posesión ao balón e deixar morrer o partido dese xeito, facendo o propio o Burela a oito minutos para a conclusión con Bea Mateos.

Nese momento volveu Caridad á portería, buscando manter o marcador a cero para que o seu equipo fixésese cos tres puntos. Con todo, nunha mala saída de balón de Luci, Irene Samper rouboulle a carteira en tres cuartos de cancha e superou á gardameta rojilla metendo de cheo ás locais na pelexa.

Comezou a sufrir nese momento o Poio Pescamar, que vivía un asedio continuo dun Burela que quería a vitoria custe o que custe. Así, con Ale de Paz en modo goleadora tras unha boa combinación de cinco das súas compañeiras, o cadro natana rescataba 'in extremis' a vitoria nos minutos 39 e 40.

PESCADOS RUBÉN BURELA (3): Sandra Buzón; Ale de Paz, Irene Samper Leti Cortes e Dany, (quinteto inicial). Tamén xogaron, Emilly Marcondes, Cilene, Bea Mateos, Elena Aragón, Jenny, Elena Aragón, Lara e Jozi (segunda porteira).

POIO PESCAMAR (2) Caridad; Luci, Dani Sousa, Irene García e Anita Rivera (quinteto inicial). Tamén xogaron, Agostina Chiesa, Jane, Martita, Julia Dupuy, Luísa Mayara,

Goles: 0-1, min. 2 Dani Sousa. 0-2, min. 7 Dani Sousa. 1-2, min. 34 Irene Samper. 2-2, min. 39 Ale de Paz. 3-2, min. 40  Ale de Paz

Incidencias: Vista Alegre. Partido aprazado da Xornada 17. Colexiados, Roberto Amor Vizoso e Borja Darriba Villamor. Recibiu cartolina amarela Luci no Poio Pescamar.