Último test de pretempada para o Pontevedra Club de Fútbol antes do esperado regreso da Segunda División B a próxima fin de semana.
Despois de vencer ao Coruxo, Celta B e Estradense, e perder contra o Deportivo, os granates afrontaron o compromiso definitivo medíndose ao recentemente ascendido Compostela no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. O partido estivo marcado pola igualdade ata chegar á recta final, momento no que Rufo mandou o balón á rede para dar a vitoria ao Pontevedra e lograr catro de cinco vitorias esta pretempada.
O técnico granate apostou polo once formado por Mario, Santi Figueroa, Zabaleta, Churre, Borja Martínez, Álex González, Adrián Cruz, Jorge, Calvillo, Charles e Xisco, mentres que o conxunto santiagués saíu con Pato, Saro, Álvaro Casas, Bicho, Miki, Baleato, Primo, Jimmy, Brais Abelenda, Guille Torres e Pablo Antas.
A primeira ocasión do partido foi para o Pontevedra no minuto 13. Santi realizou unha boa xogada pola banda para despois centrar o balón para Charles pero este non puido materializar. Pouco antes de que se cumprise o minuto 30, Adrián Cruz puido abrir o marcador tras o lanzamento dunha falta directa que o porteiro compostelán atallou. Pola súa banda, Mario interveu nun par de chegadas do Compostela á área granate sen demasiado esforzo.
Co 0-0 alcanzouse o descanso e chegaron as sutituciones en ambos os conxuntos coa intención de dar minutos a todos os xogadores e cambiar a tónica do partido. Por parte do Pontevedra entraron Rufo e Aitor, mentres que polo Compostela saíron a xogar Juampa e Samu, pero ningún do dous equipo foi capaz de xerar ocasións claras.
Alcanzouse o minuto 60 e o técnico local deu máis refresco desde o banco coa entrada de David Soto e Gabri Palmás. Foi pouco despois dos cambios cando o Compostela difrutó da mellor ocasión ata o momento. O dianteiro local, Primo, quedou nun man a man con Mario despois de gañarlle as costas á defensa pero o porteiro pontevedrés fixo unha boa intervención para parar co pé o disparo do cántabro.
Dez minutos despois chegaron máis cambios. Polo Pontevedra entraron Romay, Óscar, Pol Bueso, Imanol García e Álvaro, mentres que polo Compostela pasaron a xogar Matías, Josiño e Hugo Sanmartín.
Xa no tramo final chegaron as mellores ocasións para os granates. O goleador, Rufo, avisou cun disparo que finalmente se foi fose para, pouco despois, abrir a lata para os seus. O dianteiro pontevedrés cabeceou o centro desde a esquerda de Romay marcando así o único tanto do partido. No minuto 88 Rufo puido sentenciar pero o seu disparo foise fóra.
Con esta vitoria o Pontevedra afrontará a última semana de adestramentos antes do inicio da Segunda División B o vindeiro domingo 18 de outubro onde se enfrontará ao Racing de Ferrol na Malata.
PONTEVEDRA CF SAD (1): Mario, Santi Figueroa, Zabaleta, Churre, Borja Martínez, Álex González (C), Adrián Cruz, Jorge, Calvillo, Charles e Xisco. Tamén xogaron: Rufo, Aitor, Romay, Óscar, Pol Bueso, Imanol García y Álvaro
SD COMPOSTELA (0): Pato, Saro, Álvaro Casas ( C), Bicho, Miki, Baleato, Primo, Jimmy, Brais Abelenda, Guille Torres e Pablo Antas. Tamén xogaron: Juampa, Samu, David Soto, Gabri Palmás, Matías, Josiño e Hugo Sanmartín.