Un gol de Ross dá os tres primeiros puntos ao Arosa na 2ª RFEF

O Salnés
05 de setembro 2021

O conxunto adestrado por Jorge Otero suma tres puntos no seu primeiro partido contra o Arenteiro grazas a un gol de Ross na primeira parte do encontro

Partido de 2ªRFEF entre Arosa e Arenteiro Arenteiro

O Arosa debutou con vitoria no seu primeiro partido na 2ª RFEF despois de derrotar pola mínima ao Arenteiro, cun gol de do defensa Ross á saída dun córner que lle deu os tres primeiros tres puntos da tempada ao conxunto arousán.

Foi un partido marcado pola igualdade entre ambos os contendentes,que se resolveu instantes antes do descanso nunha acción a balón parado.

O Arosa puxo un córner que foi cabeceado no primeiro pau por Ross, sen que ningún defensor do Arenteiro lograse despexar o balón, que se aloxou lentamente no segundo pau da meta defendida polo porteiro ourensán. Era o minuto 35 do partido.

No segundo tempo, o equipo visitante tratou de reducir as diferenzas para restablecer a igualada no marcador.

O atacante do cadro ourensán, Sylla, puxo a proba en repetidas ocasións a defensa arousá, que soubo resistir para sumar os tres primeiros puntos dunha campaña histórica. 

A próxima semana o Arosa viaxará a Asturias para enfrontarse ao Marino de Luanco.

 

AROSA (1): Álex Cobo, Javi Fontán, Cotilla, Campillo, Ross, Pedro García, Mon, Diego Diz, Sidibé (minuto 83), Luis Nuño, Fajardo (minuto 90), Róber, Pedro Beda (minuto 72) y Luismi.

ARENTEIRO (0): Diego, Portela, Sobrido (minuto 83), Mariña, Nóvoa (minuto 46), Markitos, Johnny (minuto 73), Álex Fernández, Renán Zanelli, Sylla, Adrián Cruz (minuto 66), Joseca, Eimil, Adrián Castro, Raúl (minuto 66) y Vitra.

Goles: (1-0) Ross, minuto 35

Árbitro: González Hernández. Mostrou cartón amarelo a Adrián Castro, Sylla e Renán Zanelli, polo Arenteiro.

Incidencias: Partido disputado no campo da Lomba (Vilagarcía) ante uns 1.000 afeccionados