Un desafortunado último cuarto leva o Arxil á derrota en Santander (57-49)

Pontevedra
10 de decembro 2022

As verdes deron vantaxe ás locais no inicio do partido, pero deron a volta ao marcador antes do descanso. Con todo, non puideron defender a súa renda no último cuarto

Partido entre CB Arxil e Unicaja no CTGD Cristina Saiz

O Palacio de Deportes de Santander foi escenario dun cambio de tendencia. O líder da liga Tirso Intercentro acumulaba dúas derrotas consecutivas antes de enfrontarse ao Arxil, que encaraba o enfrontamento nunha dinámica positiva. O duelo foi igualado e foi a fortaleza física e psíquica das locais no último cuarto o que fixo inclinar a balanza do seu lado.

As locais entraron no partido máis enchufadas que o seu rival e dominaron por completo o primeiro cuarto. Mais a tendencia cambiou na segunda, na que as de Mayte Méndez puxeron o mono de traballo para darlle a volta ao marcador (28-25).

O guión non cambiou tras o paso polos vestiarios e as verdes, comandados polas acertadas Nerea Lista e Heather Fortster, seguiron dominando o partido.

Con todo, a situación cambiou no último cuarto. A defensa cántabra anulou o xogo ofensivo das pontevedresas, que tamén na faceta defensiva tamén viron desbordadas e asistiron impotentes á incesante remontada do Tirso, que finalmente logrou unha vitoria moito máis cómoda do esperado vendo como se desenvolveu o partido.