O pagamento das subvencións aos clubs deportivos correspondentes á tempada 2017/2018, paralizado desde a entrada en vigor do estado de alarma decretado polo Goberno de España, pode desbloquearse nos próximos días se existe colaboración parte dos clubs.
É polo menos o que lles pediu o Concello de Pontevedra, que enviou estes días unha solicitude ás 63 entidades deportivas solicitantes das axudas (60 concedidas) para que lles remitan un escrito de conformidade coa resolución.
En caso de contar con ese O.K. por escrito a través da sede electrónica poderíase proceder ao pago. Así o entenden desde o goberno local, que hai uns días aseguraba estar "ao estudar xuridicamente a ver se lle atopamos algunha solución para sortear ese escollo e poder chegar á fase de resolución", explicou o concelleiro de deportes, Tino Fernández.
A solución en todo caso necesita da boa vontade dos clubs, debido a que se se mantén algunha reclamación sobre cantidades ou por ser excluído a tramitación atascaríase ata que deixe de estar en vigor o estado de alarma activado a nivel nacional #ante a crise do coronavirus.
Tras estas axudas, o Concello aínda tería pendentes as subvencións deportivas correspondentes á campaña 18/19 e ao curso en vigor, o 19/20.