Un Arxil mellorado roza a sorpresa pero cae na prórroga fronte ao Ardoi (70-73)

Pontevedra
08 de decembro 2018

Pouco faltou para que o Arxil dese a gran sorpresa e impuxésese ao segundo clasificado da liga feminina 2, o Ardoi, que remontou a vantaxe pontevedresa na segunda parte, para igualar o partido e forzar unha prórroga que sería favorable ás navarras por un cortísimo marxe

Partido entre Arxil e Ardoi no CGTD Diego Torrado

Pouco faltou para que o Arxil dese a gran sorpresa e impuxésese ao segundo clasificado da liga feminina 2, o Ardoi, que remontou a vantaxe pontevedresa na segunda parte, para igualar o partido e forzar unha prórroga que sería favorable ás navarras por unha curta marxe.

Debut no equipo de Mayte Méndez da súa flamante fichaxe, a britanica Chantelle Pressley, que achegou 15 puntos, insuficientes nun partido no que Gala Mestres (21 puntos) foi a mellor do conxunto local.

As pontevedresas sorprenderon cunha máis que aceptable posta en escena que lles permitiu anotarse o primeiro parcial (16-13) e ampliar a súa vantaxe no segundo (17-12) para irse ao descanso con oito puntos de renda (33-25).

Pero na segunda parte remontarían as navarras, que tras un terceiro cuarto igualado (15-17) lograrían forzar a prórroga ao neutralizar a vantaxe arxilista de 6 puntos cun parcial de 14-20 que levaba ao partido á prórroga (62-62).

Nese tempo suplementario, o conxunto navarro tivo maior apromo nos instantes decisivos e impúxose por un curto 8-11, para levar unha vitoria sufrida (70-73) e deixar ao Arxil co mel nos beizos, pero coa sensación de atopar o rumbo para saír do pozo.

Consulta as estatísticas do partido Arxil-Ardoi nesta ligazón.