O proxecto do Grupo Deportivo Supermercados Froiz recibiu estes días un novo impulso, coa inclusión de tres dos seus ciclistas na convocatoria nacional para participar no próximo Campionato de Europa da especialidade.
O bo papel de Laura Mira, Uxía Soto e Miguel Rodríguez tanto no calendario autonómico como no nacional non pasou desapercibido para o seleccionador, Pascual Momparler.
Os tres participarán nun Europeo que se celebrará os días 6 e 7 de novembro na localidade holandesa de Col du Vam.
"É unha gran noticia para o equipo pero tamén para Miguel, Uxía e Laura que vivirán unha gran experiencia e que sintan que todo o esforzo que fixeron e seguirán facendo merece a pena", sinala o equipo dirixido por Ana Portela.