Traballado triunfo do Arosa sobre o Salamanca (1-0)

O Salnés
21 de novembro 2021

Segundo triunfo consecutivo para o Arosa tras derrotar pola mínima a un Salamanca CF UDS que leva seis partidos sen marcar. Os arlequinados lograron unha vitoria traballada que se decantou ao seu favor cun gol de Luismi no minuto 27

Partido entre Arosa e Salamanca CF UDS na Lomba Cristina Saiz

Segundo triunfo consecutivo para o Arosa tras derrotar pola mínima a un Salamanca CF UDS que leva seis partidos sen marcar. Os arlequinados lograron unha vitoria traballada que se decantou ao seu favor cun gol de Luismi no minuto 27.

Tivo que sufrir o para conseguir os tres puntos na tarde do domingo, e é que o Salamanca púxollo difícil, sobre todo durante os primeiros minutos. Jairo rematou desde dentro da área un balón parado e posteriormente tentouno Murua de cabeza, pero o balón saíu desviado.

Con todo, os locais tamén avisaron, cun Porrúa que o tentaba no minuto 10 de cabeza e ademais facía de asistente, quince minutos despois, para que Luismi rematase a gol e adiantase aos seus.

Despois do paso polos vestiarios, o seguiu tentando ampliar a renda realizando unha presión alta, mentres o Salamanca buscaba facer dano con balóns longos cara aos seus atacantes ou a balón parado. Desta forma chegou a mellor oportunidade do choque, cando Carmona rematou un córner desde fóra da área e o balón deu no traveseiro.

Cumpríanse os minutos finais e ao Salamanca non quedaba outro remedio que arriscarse. Pola súa banda, Jorge Otero realizaba un triplo cambio ante o asedio sobre a portería de Manu Táboas, buscando dar aire fresco aos seus xogadores á hora de defender.

Pero chegou outro susto para o no minuto 84. Á desesperada o Salamanca metía artillería arriba e outra vez atopábanse co traveseiro. Carrasco, de novo tras un córner, fíxose co balón para sacar un centro que rematou Bouba e salvou Manu Táboas sobre a liña.

O fútbol directo dos visitantes facía sufrir aos vilagarciáns, que puideron sentenciar no desconto tras unha contra que finalizou Luismi, pero o asistente levantou o banderín por fóra de xogo. Non quedaba tempo para máis e finalmente os tres puntos quedaron na Lomba.

Antes do encontro homenaxeouse á tenista local Jéssica Bouzas e ao futbolista do Celta José Fontán.