Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"

Pontevedra
07 de xuño 2021

O novo director deportivo granate considera "un paso adelante" a súa chegada a Pasarón e ve no Pontevedra "un club con unas posibilidades tremendas". Asegura que a súa aposta pola canteira "está fuera de toda duda" e confirma que conta cos cinco futbolistas que contan con contrato en vigor

Toni Otero na súa presentación como director deportivo do Pontevedra CF Mónica Patxot

O Estadio Municipal de Pasarón acolleu este luns a presentación do novo director deportivo do Pontevedra Club de Fútbol, Toni Otero.

Acompañado da presidenta do consello de administración, Lupe Murillo, o ex-futbolista vigués asegurou chegar ao seu novo cargo "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa". E é que para el a entidade granate, na que pasou cinco tempadas como xogador, é iso, a súa casa. "He sido capitán de este club y me hace ilusión", sentenciou. 

Na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación Otero, con pasado como director deportivo de equipos de Segunda División como o Lugo e Las Palmas, sinalou que a súa chegada "la considero un paso adelante", por ser o Pontevedra "un club con unas posibilidades tremendas".

O novo director deportivo defendeu o labor realizado polo seu antecesor, o seu ex-compañeiro como xogador Roberto Feáns. La experiencia y el olfato me dice que se ha trabajado mucho, aunque a veces ese trabajo no se valore".

Trátase do home que "dirigirá la estrategia deportiva de las próximas temporadas", adiantou pola súa banda a presidenta Lupe Murillo, aínda que a súa vinculación non fixa un horizonte temporal e será "una cuestión de confianza mutua", explicou Toni asegurando que "no vengo a sacar dinero, sino a ayudar". Unha chegada que se xestou, segundo os protagonistas da negociación, "el pasado jueves".

Entre as súas primeiras declaracións de intencións Toni Otero avanzou que "está fuera de toda duda mi apuesta por la cantera" a pesar de aveciñarse "un año complicado con un objetivo claro", sinalou sen mencionar directamente a palabra 'ascenso'.

Toni Otero sobre os cinco futbolistas con contrato: "Son buenos mimbres para empezar. Se cuenta con ellos"

Agora queda poñerse o mono de faena e comezar a planificar a próxima tempada empezando por confirmar o posto de adestrador, algo para o que "hay conversaciones con muchos" aínda que sempre coa máxima de que "las urgencias en el fútbol son las peores consejeras", polo que asegura que actuarán "con calma, porque no hay prisa".

En canto ao plantel, ao que si se referiu o novo director deportivo é o futuro dos futbolistas con contrato en vigor,cinco en total (Rufo, Charles, Álex González, Romay e Oier Calvillo). "Son buenos mimbres para empezar. Se cuenta con ellos", confirma. Un punto de partida a partir do cal se esperan nos próximos días os primeiros movementos.