Teresa Portela, feliz tras a súa prata olímpica "porque quien la sigue, la consigue"

Pontevedra
03 de agosto 2021

"Llevo muchos años intentando luchar por esta medalla", sinalou a padexeira pontevedresa nada máis baixarse da súa embarcación e aínda sen crerse que se tiña convertido en subcampioa olímpica do K-1 200 metros

Teresa Portela, tras conseguir a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokyo Comité Olímpico Español

Foron moitos anos de duro traballo e sacrificio que desembocaron nunha recompensa maiúscula. Por iso Teresa Portela recoñecía estar "feliz" nada máis baixarse da embarcación tras conseguir unha incrible medalla de prata no K-1 200 dos Xogos Olímpicos de Tokyo.

A padexeira pontevedresa aseguraba sentirse así "porque quien la sigue la consigue", explicou en declaracións ao Comité Olímpico Español.

"Llevo muchos años intentando luchar por esta medalla. Esta prueba es tan tan difícil, nos mueven milésimas que nos separan y finalmente lo he conseguido", sinalou aínda sen crerllo demasiado.

Aos seus 39 anos e tras unha longa colección de medallas internacionais, con 5 preseas en campionatos do Mundo e ata 17 en Europeos, Teresa Portela ten por fin o metal que tanto ansiaba, o que culmina unha carreira deportiva de lenda.