Tere Abelleira dará a saída á San Silvestre 2023 de Pontevedra

Pontevedra
25 de decembro 2023

Tere Abelleira foi parte das escolas da Sociedad Gimnástica na tempada 2007-2008, cando estaba en categoría benxamín, polo que o club entende que é a persoa idónea para dar a saída á carreira deste ano, que partirá ás cinco da tarde da Ponte do Burgo

Tere Abelleira, no adestramento da Selección Española en Cambados Mónica Patxot

A futbolista pontevedresa Tere Abelleira, campioa do mundo de fútbol, será a persoa encargada de dar a saída á tradicional carreira de San Silvestre de Pontevedra.

Así o anunciou este luns a entidade organizadora, a Sociedad Gimnástica, que destaca o papel de Abelleira como "referente no seu deporte".

Pero o que moitos descoñecen é que, ademais de fútbol e de fútbol sala, tamén ten un pasado no atletismo.

Tere Abelleira foi parte das escolas da Sociedad Gimnástica na tempada 2007-2008, cando estaba en categoría benxamín, polo que o club entende que é a persoa idónea para dar a saída á carreira deste ano, que partirá ás cinco da tarde da Ponte do Burgo.

"Desde a Gimnástica, onde gardamos un gran recordo dela, agradecémoslle a súa disposición e a colaboración connosco para facer que esta corenta edición sexa un pouco máis especial", subliña a organización.