Támara Echegoyen: "As condicións de Marsella van abrir moito o cadro de países con opcións de medalla, pero estamos preparadas para loitar"

Pontevedra
27 de xullo 2024

A pontevedresa, de 40 anos, indicou que a cerimonia inaugural "é unha dose de motivación extra. Ser abanderado é por méritos deportivos e ás veces estamos tan focalizados no seguinte obxectivo que nos esquecemos de quen son. O noso currículo tamén nos describe"

 

 

Támara Echegoyen, na presentación do equipamento oficial de España para París 2024
Támara Echegoyen, na presentación do equipamento oficial de España para París 2024 Comité Olímpico Español

A regatista Támara Echegoyen, campioa olímpica de vela en Londres 2012, e abanderada española co piragüista Marcus Cooper na cerimonia de inauguración, dixo sentir "orgullo" por "encabezar este pedazo de equipo" nos Xogos Olímpicos de París 2024.

A pontevedresa, de 40 anos, indicou que a cerimonia inaugural "é unha dose de motivación extra. Ser abanderado é por méritos deportivos e ás veces estamos tan focalizados no seguinte obxectivo que nos esquecemos de quen son. O noso currículo tamén nos describe".

En canto á súa participación na competición, non será ata o domingo 28 de xullo cando se celebren as tres primeiras regatas do 49erFX de vela, categoría na que foi cuarta tanto en Río 2016 como en Tokyo 2020 e na que volve aspirar ao máximo.

"Estamos moi tranquilas co que traballamos e con ganas de afrontar o reto. Vai ser unha competición moi rifada", recoñeceu.

"As condicións de Marsella van abrir moito o cadro de países con opcións de medalla, pero estamos preparadas para loitar e con ganas de ofrecer o mellor na auga e demostrar quen son e o nivel que temos", concluíu.

Echegoyen e a súa compañeira Paula Barceló completarán 12 mangas, a tres por xornada, empezando o citado día 28 e seguindo o 29, 30 e 31 de xullo, coa decisiva Medal Race prevista para o xoves 1 de agosto (15.43 horas) na Mariña de Marsella.