Suspenden a Carreira popular do Santiaguiño en solidariedade coas vítimas do tren de Santiago

Pontevedra
25 de xullo 2013

Por mor do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela, a Concellería de Deportes acordou este xoves, nunha xuntanza urxente, a suspensión da Carreira Popular do Santiaguiño do Burgo, que estaba convocada para  hoxe. O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, lamenta as molestias para ás persoas inscritas, así como a acompañantes, ás que prega desculpas

Participantes na carreira PonteNoite 5+5, organizada pola Sociedad Gimnástica

Por mor do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela, a Concellería de Deportes acordou este xoves, nunha xuntanza urxente, a suspensión da Carreira Popular do Santiaguiño do Burgo, que estaba convocada para  hoxe.

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, lamenta as molestias para ás persoas inscritas, así como a acompañantes, ás que prega desculpas.

O concelleiro expresa tamén a súa solidariedade, que é a do Concello de Pontevedra, ás familias  das vítimas do tráxico accidente de Santiago.

Ao longo dos próximos días tomarase unha decisión sobre a celebración ou non da proba deportiva noutras datas, o que se comunicaría oportunamente.