Sorteado o cadro dunha nova edición da Copa Galicia na que participarán Poio Pescamar e Marín Futsal

Marín
05 de agosto 2022

Poio Pescamar e Marín Futsal acceden directamente aos cuartos de final sen ter que pasar pola fase previa, igual que o Burela e o Ourense Envialia. Estes catro equipos iniciarán a súa andaina na competición autonómica o día 4 de setembro

O Poio Pescamar celebra o seu terceiro título de Copa Galicia tras vencer o Ourense Envialia na Raña Real Federación Galega de Fútbol

Unha nova edición da Copa Galicia de fútbol sala na que participarán Poio Pescamar e Marín Futsal está ao virar a esquina.

Concretamente, o domingo 28 de agosto é a data fixada polo Comité Galego de Fútbol sala para que arrinque esta competición na que participarán un total de 12 equipos.

Tal e como indica o resultado do sorteo realizado pola Federación este venres, vermellas e marinenses acceden directamente aos cuartos de final sen ter que pasar pola fase previa, igual que o Burela e o Ourense Envialia. Estes catro equipos iniciarán a súa andaina na competición autonómica o día 4 de setembro.

O Poio Pescamar, vixente campión do torneo,enfrontarase contra o gañador do Cidade de Pontevedra e C.D. Mosteiro Bembrive, mentres que as de Marín veranse as caras contra o que gañe do encontro entre FSF Castro e Cidade das Burgas.

Pola súa banda, o Burela competirá contra 5 Coruña FS ou Valdetires FSF, e o Ourense Envialia contra o gañador do partido entre A Fervenza FSF e Amarelle FSF.

As semifinais están fixadas para o 22 de febreiro e a gran final para o 17 de maio, Día dás Letras Galegas.