Sorteado o camiño do Poio Pescamar na Supercopa de España

Poio
14 de xaneiro 2025
Actualizado: 17:18

O conxunto vermello medirase ao potente Futsi Atlético Navalcarnero nas semifinais do torneo nacional, segundo estableceu o sorteo da competición

Partido entre o Poio Pescamar e o FSF Castro na Seca Cristina Saiz

Non había rival sinxelo no bombo, e por iso o resultado do sorteo deixou un duro enfrontamento para o Poio Pescamar.

O conxunto conserveiro xa sabe cal será o seu camiño na próxima Supercopa de España, título nacional que disputa por ser un dos mellores equipos da pasada tempada.

A fase final a catro da Supercopa disputarase os días 1 e 2 de febreiro na localidade madrileña de Móstoles.

Alí o Poio Pescamar será protagonista da primeira das semifinais, que lle enfrontará ao Futsi Atlético Navalcarnero.

Este encontro, fixado para as 16.30 horas do sábado 1 de febreiro, enfrontará ao Poio co subcampión de liga.

Despois, ás 20.15 horas, será a quenda do campión Burela contra o líder actual da competición ligueira, o Melilla CD Torreblanca.

De gañar a súa semifinal, o partido polo título da Supercopa de España disputaríase o domingo 2 de febreiro ás 20.00 horas.

Todos os encontros da fase final poderanse seguir en directo a través de Teledeporte.