Sorteada a Copa Deputación de fútbol masculino, unha vía para soñar coa Copa do Rei

Pontevedra
15 de outubro 2024

O gañador deste torneo, recuperado a pasada tempada, pelexará pola Supercopa Galicia, competición que dá acceso á fase previa a Copa do Rei. Inscribíronse 130 equipos da provincia

Sorteo da Copa Deputación de fútbol masculino
Sorteo da Copa Deputación de fútbol masculino Real Federación Galega de Fútbol

Con exemplo do San Tirso en mente, equipo coruñés que logrou un billete para xogar a primeira rolda da Copa do Rei na que se medirá a un club de Primeira División como o Espanyol.

Así se presenta unha nova edición da Copa Deputación de fútbol masculino, un torneo que supón o primeiro paso nunha vía que pode levar os clubs de categoría rexional a participar na fase previa da Copa do Rei.

O gañador do torneo provincial, recuperado a pasada tempotrada, pelexará pola Supercopa Galicia, competición que á súa vez dará acceso ao seu vencedor á previa copeira.

Un total de 130 equipos, 70 no gupo de Pontevedra e outros 60 no de Vigo, inscribíronse para participar nunha Copa Deputación que vén de sortear o seu cadro completo de competición, con vías separadas para os clubs pontevedreses e vigueses até medirse na gran final, prevista para o 17 de maio.

As eliminatorias disputaranse a partido único no campo do equipo de menor categoría ou, no caso de ser do mesmo nivel, do equipo que saíse primeiro no sorteo.

A Deputación de Pontevedra destina unha partida económica de 120.000 euros a este trofeo, unha axuda que se repartirá en función da rolda alcanzada.

Sorteo da Copa Deputación de Fútbol 24 25
Sorteo da Copa Deputación de Fútbol 24-25