Sofía Barros dálle ao Galaico unha medalla de bronce no Campionato de España Júnior de natación

Pontevedra
06 de marzo 2025

Positiva estrea de comeptición para o Club Natación Galaico no Campionato de España Open de Primavera e Júnior de Inverno que se disputa en Sabadell, e ao que desprazou tres deportistas

Sofía Barros, co bronce conseguido no Campionato de España Júnior de Inverno
Sofía Barros, co bronce conseguido no Campionato de España Júnior de Inverno CN Galaico

'Chegar e encher' para e Club Natación Galaico no Campionato de España Open de Primavera e Júnior de Inverno que se disputa en Sabadell.

O club pontevedrés desprazou até a localidade catalá tres das ssúas deportistas, e na primeira xornada do campionato xa pisou o podio.

Logrouno na competición júnior Sofía Barros, ao ser a terceira mellor nos 400 libres para nadadoras de 16 anos.

A pontevedresa asinou unha marca de 4:22.51 para facerse co bronce nacional.

Só foi superada por Ona Rosell (4:18.00) do CN Tarraco e por Alba Rubio (4:19.37) do CN Marina-Cartagena.

Sofía Barros afronta no Campionato de España Júnior un programa exixente, ao estar inscrita tamén nos 200, 800 e 1.500 estilo libre.

En Sabadell o Club Natación Galaico conta ademais con Antía García (50 libre, 100 libre, 50 bolboreta, 100 bolboreta) e Rosalía Soler (100 bolboreta e 100 costas).

O Campionato de España Open de Primavera e Júnior de Inverno prolongarase aínda até o vindeiro domingo 9 de marzo.