A situación das mulleres no deporte, a debate coa karateca Ruth Lorenzo

Pontevedra
24 de marzo 2025
Actualizado: 25 de marzo

A karateca protagonizará a primeira xornada de Faladoiros Feministas, actividade que impulsa a concellaría de Igualdade no marco da programación do 8M

Faladoiro Feminista coa karateca Ruth Lorenzo
Faladoiro Feminista coa karateca Ruth Lorenzo Concello de Pontevedra

O deporte será protagonista na primeira xornada dos Faladoiros Feministas que impulsa a concellaría de Igualdade.

O será co testemuño da karateca galega Ruth Lorenzo Couso, encargada de inaugurar o ciclo de charlas organizado no marco da programación do 8M.

Este Faladoiro Feminista abordará a consecución do principio de igualdade no mundo do deporte.

Ruth Lorenzo é a actual número un do ranking nacional de karate na categoría de kumite -55 quilos, e a 51 da clasificación internacional da World Karate Federation.

Na súa charla falará sobre a súa experiencia como deportista de elite, dos estereotipos no mundo do deporte ou das trabas que atopan as deportistas polo simple feito de ser muller.

"Paga a pena escoitar a Ruth, unha muller que loita non só no tatami, senón tamén na sociedade", asegura a edil de Deportes, Anabel Gulías.

A xornada estará moderada pola xornalista Lara Sáez e terá lugar este mércores 26 de marzo na sala multiusos do Teatro Principal de Pontevedra.

Dará comezo ás 19.00 horas con entrada libre até completar aforamento.