Silvia Aguete, Luci e Jenny Lores, citadas a unha concentración coa Selección Española

Marín
14 de setembro 2021

O Poio Pescamar e o Marín Futsal teñen representación na convocatoria da Selección, que disputará o próximo día 22 de setembro un encontro amigable de preparación ante o Futsi Atlético Navalcarnero

Luci, nos cuartos de final da Copa Galicia entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña

O Poio  Pescamar e o Marín Futsal teñen representación na convocatoria feita pública este martes da Selección Española de Fútbol sala.

Na lista confeccionada pola seleccionadora Clàudia Pons están incluídas a gardameta pontevedresa Silvia Aguete, do Marín Futsal, e tamén a ala Luci, do Poio Pescamar. 

Ademais figura na convocatoria outra pontevedresa, a peche Jenny Lores (Ourense Envialia), e outra futbolista galega como Ale de Paz (Burela).

A cita é para unha concentración de preparación que se desenvolverá na Ciudad del Fútbol de Las Rozas do 20 ao 23 de setembro, tras a primeira xornada de liga, e que incluirá tamén un encontro amigable o día 22 fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero.