Sergio Troitiño proclámase campión de Europa en Saraievo

Marín
22 de novembro 2024

O taekwondista de Marín superou pola vía ao grego Maretis para coroarse campión europeo Sub-21

Sergio Troitiño, no Campionato de Europa de Belgrado (SIN USAr) Federación Española de Taekwondo

O taekwondista marinense Sergio Troitiño fixo historia ao proclamarse campión de Europa Sub-21 na categoría de -87kg.

O deportista, que xa demostrara o seu talento a nivel continental en categorías inferiores, volveu a subir ao máis alto do podio, consolidándose como unha das grandes promesas do taekwondo español.

Esta vez, en Saraievo, Troitiño impúxose con autoridade aos seus rivais.

En semifinais, derrotou pola vía rápida ao ruso Vladislav Budin (13-0 e 18-15), logrando o billete directo para loitar polas medallas.

No enfrontamento definitivo esperábao o grego Maretis, ao que superou por un contundente 25-18 e 19-1, demostrando unha superioridade que deixou sen opcións ao seu rival para coroarse campión de Europa Sub-21.

Sergio Troitiño acumula no seu palmarés un ouro europeo cadete, un bronce mundial junior, un bronce europeo junior e agora, un ouro europeo Sub-21.