Sen sorpresas no Rally de Pontevedra: Víctor Senra, campión da quinta edición

Cerdedo-Cotobade
03 de xuño 2023

O Rally de Pontevedra chegou esta fin de semana á súa quinta edición coa participación de 128 vehículos e un claro gañador: Víctor Senra, tres veces campión deste rally e vixente campión autonómico desde 2017

V Rally de Pontevedra Cristina Saiz

O Rally de Pontevedra chegou esta fin de semana á súa quinta edición coa participación de 128 vehículos e un claro gañador: Víctor Senra, tres veces campión deste rally e vixente campión autonómico desde 2017.

A competición saíu desde Sanxenxo e transcorreu por Meaño, cun percorrido de 9,4 quilómetros; Cerdedo Cotobade, con 15,2 quilómetros; e unha zona cronometrada entre Campo Lameiro e Moraña de 11,6 quilómetros.

O gran dominador da proba ao finalizar os catro primeiros tramos foi sen dúbida Víctor Senra, que marcou os mellores tempos no seu Citröen C3 WRC para establecer unha vantaxe de +43.833 sobre Alberto Meira (Skoda Fabia Rallye 2), o seu inmediato perseguidor.

Os postos de podio pechounos Luís Vilariño no seu Hyundai i20 R5 e a +1:07.789 do primeiro.

Continuou Senra impoñendo o seu ritmo, o que lle permitiu manterse na cabeza unha vez concluíron os sete primeiros tramos.

Ampliou a diferenza con Alberto Meira en máis dun minuto (+1:04.021), Vilariño perdeu a terceira posición por unha saída de estrada ao seu paso por Meaño, e José Manuel Lamela (Skoda Fabia N5) meteuse en postos de podio a +2:13.828 do líder. O TC7 Campo Lameiro 2 foi anulado.

Senra, Meira e Lamela non cederon as tres primeiras prazas e seguiron ao seu.

O de Dumbría coroouse campión do Rally de Pontevedra por terceira vez cun tempo de 58:56.276 e sacándolle +1:17.964 ao coche de Meira, mentres que Lamela, a pesar dunha penalización de 10 segundos, completou o podio a case tres minutos (+2:53.741).

Consulta os resultados da quinta edición do Rally de Pontevedra nesta ligazón