Segunda derrota consecutiva dun Poio Pescamar que non puido co debutante Les Corts (1-2)

Poio
23 de setembro 2023

Ya van dúas xornadas e o cadro vermello segue sen coñecer o triunfo despois de perder este sábado na súa casa ante o debutante na categoría, o Les Corts de Barcelona

Partido de liga entre Poio Pescamar e Les Corts na Seca Cristina Saiz

Regresou a liga ao pavillón da Seca, o fortín do Poio Pescamar durante a pasada tempada e onde as de López-Tulla buscarían un ano máis seguir co refacho que as levou a disputar a fase polo título.

Con todo, xa van dúas xornadas e o cadro vermello segue sen coñecer o triunfo despois de perder este sábado na súa casa ante o debutante na categoría, o Les Corts de Barcelona.

Adiantouse no minuto 8 o Poio Pescamar por medio de Ale de Paz, pero a pesar dos intentos de seguir ampliando a vantaxe no marcador, o recentemente ascendido impediullo.

Igualou Helena Rodríguez aos cinco minutos do segundo tempo e, cando as conserveiras apostaron co xogo de cinco para ir a por o triunfo, Claudia Hernández cun gol case sobre a bucina culminou a remontada e asinou o 1-2 final.

POIO PESCAMAR (1): Sandra Buzón, Laura Uña, Ale de Paz, Elena Aragón, Marta (quinteto inicial). Elena, Irene García, Rocío, Lara Balseiro e Karina.

LES CORTS (2): Irati, Lucía Gómez, Silvia, Julia Pena e Marta (quinteto inicial). Claudia, Laura Torres, Laia, Kristine, Helena, Paula e Aina.

Goles: 1-0, min. 8, Ale de Paz. 1-1, min 25, Helena. 1-2, min. 39, Claudia.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 disputado no Pavillón da Seca. O cadro arbitral amoestou a Luís López-Tulla no Poio Pescamar e a Marta no Les Corts.