Sara Cortegoso e Iván García regresan cun ouro e unha prata do Open de Alemaña de taekwondo

Pontevedra
02 de marzo 2020

A deportista pontevedresa do Mace Sport proclamouse campioa na súa categoría e suma importantes puntos para a clasificación mundial

Equipo nacional no Open de Alemaña de Taekwondo Real Federación Española de Taekwondo

Grandes resultados para o taekwondo pontevedrés no Open de Alemaña de categoría G-2 celebrado a fin de semana na localidade de Hamburgo.

A mellor actuación protagonizouna Sara Cortegoso (Mace Sport) ao conseguir a medalla de ouro no seu peso (-46 quilos) e sumar así importantes puntos para a clasificación mundial.

A pontevedresa superou na primeira rolda do torneo á local Agata Urban de Olonia por unha diferenza de 20 puntos, mentres que en semifinais desfíxose da  reopresentante de Lesoto, Tau Michelle, por 8 a 3. Xa no combate polo título, venceu con autoridade á alemá Ozlem Guruz por un contundente por 15 a 2.

Tamén destacou no país xermano Ivan García (Mat's), ao conseguir a prata na categoría de +87 quilos. O marinense venceu os seus tres primeiros combates con claridade, primeiro ante o alemán Iván  Bulanovic (45-9), despois ante o campión do mundo de -87, Alexander Bachman, e por último contra o local Cem Unsuloy.

Con eses resultados plantouse na final, na que cedeu ante o polaco Zsafersky.