Cada vez queda menos para disfrufar dunha das probas deportivas máis divertidas e queridas polos pontevedreses, a San Silvestre.
Será xa a 41 edición da carreira, que aspira a achegarse o máximo posible ás cifras que manexaba antes da pandemia.
O pasado ano foron 5.412 os dorsais retirados, e a Sociedad Gimnástica márcase como obxectivo estar por riba desa cifra.
Á espera do clásico arreón final de anotacións, á primeira hora deste martes 24 de decembro eran xa máis de 1.100 as persoas inscritas.
Até este venres 27 de decembro será posible anotarse na tenda MILER (rúa Peregrina 6, soto, Pontevedra).
Pola súa banda entre o sábado 28 e o luns 30 de decembro espérase a avalancha de solicitudes na rúa Castelao 3, baixo (de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 horas).
O domingo 29 e o propio día 31, a entrega de dorsais só se realizará en horario matinal.
A XLI San Silvestre de Pontevedra celebrarase o día 31 de decembro con saída ás 17.00 horas desde Raíña Vitoria e un percorrido de case 4 quilómetros que continuará por Sierra, Padre Amoedo, Bos Aires, Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, Praza de España, Michelena, Gutiérrez Mellado e o parque das Palmeiras antes de concluír en Montero Ríos.