Saleta Castro remata quinta no Ironman de Frankfurt e se supera a si mesma na cita

Pontevedra
30 de xuño 2019

A pontevedresa mellorou a súa marca persoal na proba, posto que a primeira ve que participou, o pasado 2016, terminou sexta e en 2018, na novena plaza

Saleta Castro, no campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia Paula Sanmartín

Saleta Castro viaxou esta fin de semana a Alemania para formar parte do Ironman de Frankfurt. Á dificultade que xa carrexa a proba en si, sumóuselle o factor meteorolóxico, xa que as altas temperaturas (35 graos) e o ambiente seco fixeron do tríatlon un reto extremadamente duro.

Con todo, a pontevedresa conseguiu superarse a si mesma nesta ocasión. A primeira vez que participou na cita terminou na sexta praza e o pasado ano na novena. Agora, despois de 10:10:01, a atleta quedou ás portas do podio, pero nunha merecida quinta posición.

Castro, que chegou á cidade alemá despois de conseguir unha novena posición no Mundial de Pontevedra, foi a única representante española na competición, que comezou este sábado ao redor das 6:30 horas. Ademais, a galega participou co obxectivo de conseguir un dos dous slots por categoría que daban o paso para Hawai.

Finamente, o ouro foi para Skye Moench, seguida por Imogen Simmonds e, en terceira praza, por Ien Annet, conseguindo as dúas primeiras a clasificación para Kona.