Roberto Feáns: "Hay que tomar medidas y buscar soluciones"

Pontevedra
21 de outubro 2019

Tensa xornada de descanso a deste luns para o Pontevedra Club de Fútbol tras a derrota ante o Getafe B que deixou a continuidade de Luismi no aire. O Consello de Administración valorou a situación tras o choque sen tomar unha decisión en firme coa idea de "con la cabeza en frío decidir"

Roberto Feáns, durante un adestramento do Pontevedra
Roberto Feáns, durante un adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

Tensa xornada de descanso a deste luns para o Pontevedra Club de Fútbol tras a derrota ante o Getafe B que deixou a continuidade de Luismi no aire ao quedar máis cuestionado que nunca. 

O primeiro plantel granate non regresará ao traballo ata este martes para preparar o duelo do próximo sábado en Vigo contra o Celta B, un duelo que cobra máxima importancia ao estar situado o equipo ao bordo dos postos de descenso.

Roberto Feáns: "Todos estamos muy preocupados ante la imagen que estamos dando"

Con todo, a pesar de non ser un día de actividade deportiva, si o é nos despachos. "Todos estamos muy preocupados ante la imagen que estamos dando", recoñeceu este luns a PontevedraViva o conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns.

O Consello de Aministración do club granate reuniuse de urxencia á conclusión do partido para valorar a situación. Sobre a mesa a posibilidade de relevar a Luismi como adestrador do primeiro equipo, aínda que non se tomou ningunha decisión en firme coa idea de madurar o sucedido e "con la cabeza en frío decidir", revelou Feáns.

En todo caso o que si sinalou o directivo granate é que "hay que tomar medidas y buscar soluciones" para mellorar a imaxe e os resultados dun Pontevedra que está actualmente moi por baixo das expectativas xeradas a principio de curso.