Reyes Estévez e Marta Prieto, reinan no Medio Maratón de Pontevedra

Pontevedra
16 de outubro 2022

As rúas da Boa Vila volveron encherse durante a mañá deste domingo de máis de mil corredores para a celebración dunha nova edición, e xa son 27, do Medio Maratón de Pontevedra

Reyes Estévez na XXVII edición do Medio Maratón de Pontevedra Cristina Saiz

As rúas da Boa Vila volveron encherse durante a mañá deste domingo de máis de mil corredores para a celebración dunha nova edición, e xa son 27, do Medio Maratón de Pontevedra.

Un total de 737 deportistas, entre eles o galardoado Reyes Estévez, correron a media maratón, mentres que 334 corredores completaron o percorrido alternativo de 10 quilómetros. Pola súa banda, 140 menores apuntáronse ás probas infantís, unha das novidades deste ano.

Precisamente foi o catalán quen, cun tempo de 1:07:43, se converteu no vencedor da proba do Medio Maratón Gran Fondo de Pontevedra.

Na segunda praza da carreira absoluta finalizou Anxo Castro, do Atletaria, a só catro segundos de Reyes (1:07:47), mentres que na terceira chegou Carlos Porto, da Sociedad Gimnástica (1:08:09)

Manuel Hurtado, que buscaba a súa quinta vitoria nesta carreira, rematou na oitava posición cun tempo de 1:10:02.

Na proba feminina, Marta Prieto, da Asociación Deportiva Maratón, chegou a meta cun tempo de 1:22:19. Completaron o podio Beatriz Fernández, do Atletismo Corredoiras (1:24:52), e Verónica Bugliot, dos Corzos do Ortegal (1:27:15).

Pola súa banda, os vencedores do percorrido de 10 quilómetros foron Roi Estévez, do Atletismo de Santiago (32:10), na proba masculina, mentres que na feminina gañou Begoña Domínguez, do Atletismo Ourense (39:48).